Fácil e gratuíto.
Se tes unha instalación de autoconsumo no teu punto de subministro, podes contar co teu Peto Virtual no que almacenar o valor económico dos excedentes sobrantes para poder descontalos e poder chegar a facturas de 0 €.
Se aínda te seguen sobrando cartos, acumúlalos para poder descontalos nas seguintes facturas ou noutros puntos de subministro.
UN PETO VIRTUAL SINXELO, COMPENSA OS TEUS EXCEDENTES SEN TRABAS!
Ata fai un tempo, se tiñas excedentes mensuais por máis valor que o teu termo de enerxía da factura, o valor sobrante perdíalo. Grazas o Peto Virtual, iso non é así en Zeta. Se te sobran excedentes vas poder descontar o seu valor económico en tódolos termos da túa factura eléctrica e así conseguir facturas de 0 €.
Que é o Peto Virtual?
É un saldo no que se acumula o valor económico dos excedentes sobrantes de túa instalación de autoconsumo para descontalos no prezo final de próximas facturas do teu punto de subministro ou outros puntos o teu nome, pudendo chegar a ter facturas de 0 €.
Unha vez feita a compensación de excedentes co termo de enerxía, o valor económico dos excedentes sobrantes pasa ó Peto Virtual.
Na factura eléctrica, despois de poñer todos os conceptos restantes da factura, como o termo de potencia e impostos; restase de forma automática o diñeiro que teñas acumulado no Peto Virtual.
Poderás obter así facturas de 0 €. Na túa factura eléctrica verase reflexa-do o estado do Peto Virtual e os seus movementos como se fose unha conta bancaria.
O Peto Virtual é totalmente gratuíto e non ten ningún límite nin de cartos a acumular nin de tempo no que se pode gastar o diñeiro acumulado.
Como se valora o excedente?
En Zeta temos unha única tarifa e cada día imos o mercado eléctrico, mercamos a enerxía que necesitas e trasladamos o prezo do kWh máis o marxe de comercialización a túa factura. Isto é un prezo indexado o prezo do Mercado Eléctrico, que na Península Ibérica chámase OMIE.
Pois os excedentes valorámolos ó 90% do prezo medio horario de OMIE no momento en que se producen. Imaxina que o prezo foi de 0,10 €/kWh, a túa remuneración sería de 0,09 €/kWh por cada kWh vertido a Rede.