Cada día imos o mercado eléctrico, mercamos a enerxía que necesitas e trasladamos o prezo do kWh máis o marxe de comercialización a túa factura. Isto sempre é o máis económico para o cliente final a longo prazo.
As tarifas fixas aplican un marxe de comercialización moito maior, entre un 15% e un 20% máis de media que as tarifas indexadas o prezo do kWh no mercado eléctrico.
Unha única tarifa, o máximo aforro.
Porque creemos que é des-fomentar o aforro enerxético, xa que moitas compañías eléctricas para atraer clientes baixan as tarifas do custo do kWh consumido e suben o prezo da potencia contratada.
En Zeta non aplicamos ningunha marxe o kW de potencia contratada.
Nada de conceptos incomprensible na factura. Todo claro e ben especificado. Pagas polo potencia contratada e a enerxía consumida, as facturas de luz non deberían ser máis que iso. E así son en Zeta, e se non entendes algo estamos aquí para explicarte o que sexa necesario. Por suposto, non temos permanencia de ningún tipo.
Contamos cunha factura simple e clara, sen permanencia.
Se tes unha instalación fotovoltaica de autoconsumo, podes dispor dun Peto Virtual no que acumular os excedentes sobrantes do mes en euros e non desperdicialos. Pudendo utilizalos no vindeiro mes ou incluso tamén nunha segunda vivenda.
Terás a túa disposición unha web e app móbil para ver o teu consumo mensual e as túas facturas eléctricas sempre que queiras. Así poderás ter información e o control sobre o que consumes.
Ó teu carón
Poderás vir visitarnos a nosa oficina, contactar con nós por teléfono, por WhatsApp ou por correo electrónico. Non falarás cunha centralita, falarás con Adrián, Inés ou Andrés e nós buscaremos a solución o que nos plantexes.
Estamos aquí para atenderte.