Como contratar a luz con Zeta?
Podes contratar a luz online no seguinte enlace, tamén nos podes chamar ou escribir por Whatsapp ó 613 750 616, ou deixarnos o teu teléfono para que te chamemos. Necesitarás ter a man unha factura da luz actual na que poder ver o número CUPS que é un código único que identifica o punto de subministro.
Ó cambiarme de compañía eléctrica quedareime sen luz?
Non, é unha portabilidade do contrato da luz como a do teléfono.
Ten algún custo cambiarme de compañía?
Non, non ten ningún custo. O cambio é totalmente gratuíto e podes realizalo as veces que queiras.
Teño permanencia se me dou de alta en Zeta?
Non temos permanencia, nin ningunha penalización por darte de baixa. Queremos que esteas en Zeta porque esteas a gusto con nós.
Teño que facer algunha modificación no cadro eléctrico da miña casa ou no meu contador para cambiarme de compañía eléctrica?
Non, soamente é un trámite administrativo. En Zeta ocupámonos de todo.
Se quero darme de alta en Zeta, teño que contactar coa miña compañía actual?
Non, en Zeta encargámonos de todo. Solo tes que porte en contacto con nós a través do noso formulario na web, chamándonos o noso teléfono gratuíto 900 645 007 ou escribirnos por Whatsapp o 613 075 616.
Podo contratar unha tarifa fixa de luz con Zeta?
Non, solo dispoñemos dunha única tarifa indexada o prezo do mercado eléctrico. Isto sempre é o máis económico para o cliente a longo prazo. Haberá algún mes que poidas pagar máis que nunha tarifa fixa pero isto non será o caso na maior parte do ano. Xa que as tarifas fixas aplican un marxe de comercialización moito maior, entre un 20% e un 25% máis de media que as tarifas indexadas o prezo do kWh no mercado eléctrico a longo prazo.
Por que solo temos unha única tarifa?
Porque é a mellor opción para o cliente. A nosa tarifa é indexada o prezo da enerxía no Mercado Eléctrico. Cada día imos o mercado eléctrico, mercamos a enerxía que necesitas e trasladamos o prezo do kWh máis o marxe de comercialización a túa factura. Isto sempre é o máis económico para o cliente final a longo prazo. Xa que as tarifas fixas aplican un marxe de comercialización moito maior, entre un 15% e un 20% máis de media que as tarifas indexadas o prezo do kWh no mercado eléctrico.
Que é una tarifa indexada?
É a tarifa na que o prezo da enerxía está vinculada o prezo da enerxía no mercado maiorista no momento no que estás consumíndoa da Rede Eléctrica. Este prezo varía cada hora durante todos os días do ano. Premendo neste enlace podes consultar o prezo da enerxía por horas.
Que é a potencia contratada?
A potencia contratada é un dos termos da túa factura eléctrica. E a cantidade de enerxía que podes consumir nun determinado momento a vez. É un concepto fixo da túa factura. O prezo da potencia en Zeta cobrámolo o prezo marcado polo BOE, é dicir, a prezo de custo e sen comisións ou marxes ocultos. Calcúlase da seguinte maneira no caso dun contrato para particulares:
- Potencia en P1 (8:00h – 00:00h): 0,069€ * kW contratado * día facturado
- Potencia en P2 (00:00h – 8:00h): 0,0036€ * kW contratado * día facturado.
Podes consultar no Boletín Oficial do Estado o custo do kW de potencia contratada en calquera momento.
Que é o marxe de comercialización de Zeta?
É o beneficio que repercutimos na túa factura por levar a cabo o noso traballo. Aplicamos entre un 15-20% sobre o custo do kWh que consumas na túa factura, o resto de conceptos os repercutimos a prezo de custo.
É dicir, se o custo da enerxía no mercado é de 0,10 €/kWh, aplicámoslle o marxe do 15% à 0,015 €, polo que o custe final sería de 0,115 €/kWh para cada kWh de enerxía que consumas.
É o único beneficio que obtemos, xa que na potencia ou outros cargos aplicados a túa factura son trasladados sen marxe algún, a prezo do custo que teñen.
Por que a Potencia é a prezo de custo en Zeta?
En Zeta non aplicamos ningunha marxe o kW de potencia contratada porque creemos que é des-fomentar o aforro enerxético, xa que moitas compañías eléctricas para atraer clientes baixan as tarifas do custo do kWh consumido e soben o prezo da potencia contratada.
A mensaxe que se da con esta práctica é que non ten tanto valor que aforres enerxía e en Zeta queremos que consumas o que necesites, nada máis. Aínda que vaia na “nosa contra”, fomentamos o aforro enerxético xa que iso está dentro da nosa filosofía.
Como podo contactar con Zeta?
Pois de forma natural e como o fas con cal-queira amigo ou familiar. Podes chamarnos, atendémoste sen centraliñas, ou podes escribirnos por Whatsapp e aínda mellor se ves a visitarnos na nosa oficina. Estamos en Galicia, o teu carón.
Como é a factura eléctrica en Zeta?
En Zeta a factura e simple e clara. Nada de conceptos incomprensible na factura. Todo claro e ben especificado. Pagas polo potencia contratada e a enerxía consumida, as facturas de luz non deberías ser máis que iso. E así son en Zeta, e se non entendes algo estamos aquí para explicarte o que sexa necesario.
Como podo consultar as miñas facturas en Zeta?
Terás a túa disposición unha web e app móbil para ver o teu consumo mensual e as túas facturas eléctricas sempre que queiras. Así poderás ter información e o control sobre o que consumes en todo momento.
Teño unha instalación fotovoltaica de autoconsumo, Zeta dispón de “batería virtual”?
Se tes unha instalación fotovoltaica de autoconsumo, podes dispor dunha batería ou peto virtual no que acumular os excedentes sobrantes do mes en euros e non desperdicialos. Pudendo utilizalos no vindeiro mes ou incluso tamén nunha segunda vivenda.
Que potencia eléctrica contrato?
O cambiar o teu contrato e virte a Zeta, o cambio realizarase coa mesma potencia eléctrica que tes actualmente contratada. Unha vez esteas en Zeta, poderás solicitar un cambio de potencia en cal-queira momento.